Infórmanos das infraccións cometidas por persoas da organización no ámbito da Lei da Directiva (UE) 2019/1937 e da Lei 2/2023 reguladora da protección das persoas que denuncian infraccións normativas e da loita contra a corrupción.
Se realizaches unha comunicación, indica o identificador da mesma e consulta
Se tes preguntas sobre esta canle de informes anónimos, aquí atoparás as preguntas máis frecuentes
Lei 2/2023 do 20 de febreiro, reguladora das protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
O Sistema Interno de Información é a canle preferente para que as persoas físicas, que obtivesen información nun contexto laboral ou profesional, poidan informar sobre as accións ou omisións previstas no artigo 2 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, isto é, infraccións graves ou moi graves e aquelas incluídas no anexo da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión.
O Sistema Interno de Información garante a confidencialidade das comunicacións.
Se desexa recibir información do Sistema Interno de Información, deberá conservar e empregar o código único que lle facilitará a canle interna cando presente a súa comunicación.
Para maior información, pode consultarse o documento de Política do Sistema Interno de Información e de Garantías de Protección das Persoas Informantes no apartado "acordos e normativa municipal" na parte inferior desta páxina.
A través desta canle interna poderá presentar informacións que irán directamente ao Órgano Responsable do Sistema de Información. Pode consultar o acordo de creación do órgano responsable do Sistema Interno de Información no apartado "acordos e normativa" municipal na parte inferior desta páxina.
A quen está dirixido
As persoas físicas que obtivesen información nun contexto laboral ou profesional sobre as infraccións das que informan. Para maior información, pode consultarse o documento de Política do Sistema Interno de Información e de Garantías de Protección das Persoas Informantes no apartado "acordos e normativa municipal" na parte inferior desta páxina.
Normativa municipal